PUBLICACIÓN NOVA LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS/AS BOLSA DE INTERINOS/AS MÉDICOS/AS FORENSES

Xoves, 27 Mar 2025

Saíu publicada na intranet a Resolución do 26 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe provisional de NOVAS PERSOAS ADMITIDAS e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da Administración de xustiza convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.

A listaxe poderá consultarse tamén a través da OPAX, seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

O prazo para presentar alegacións é de 10 días hábiles a contar desde o 27 de marzo. 

As alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación informática https://opax.xunta.es

Para ver a listaxe de admitdas/os preme na ligazón: