PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS CONCURSO ESPECÍFICO DO CORPO DE XESTIÓN
A Dirección Xeral de Xustiza trasladounos a listaxe provisional do corncurso específico do corpo de Xestión Procesual e Administrativa, que foi publicada a través da Resolución do 27 de outubro de 2025, pola que se aproba a listaxe e baremación provisional das persoas admitidas no concurso específico para a provisión de postos do corpo de xestión, convocado pola Resolución do 8 de setembro de 2025 (DOG nº 180, do 18 de setembro).
As persoas interesadas poderán alegar e xustificar o que consideren conveniente sobre os resultados da valoración dentro dos TRES DÍAS HÁBILES seguintes ao da publicación desta resolución. As alegacións irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia co modelo PR004A.
Para ver a listaxe preme na seguinte ligazón: