PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS XESTION-TRAMITACIÓN-AUXILIO CONCURSO DE MÉRITOS - PERSOAS CON DISCPACIDADE

Convocatoria Orde PJC/1357/2024, de 19 de noviembre
Xoves, 20 Mar 2025

Publicáronse no BOE do 20-03-2025 e na páxina web do Ministerio de Xustiza as listaxes de admitidos e excluídos provisionais dos procesos selectivos convocados pola quenda libre e concurso de méritos para acceso aos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio de persoas con discapacidade.

As persoas aspirantes excluídas como as omitidas por non figurar nas listas de admitidas nin na de excluídas, poderán emendar os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión nas listas, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no «Boletín Oficial do Estado».

A corrección da solicitude ou, no seu caso, a modificación dos datos da mesma, deberá realizarse en liña a través da aplicación de Inscrición en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral (https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatoriasSubsanar#convocatoriasSubRef).

Ligazón listaxes de Auxilio:

https://www.mjusticia.gob.es/gl/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/Auxilio-Judicial-1357

Ligazón listaxes de Tramitación:

https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/Tramitaci%C3%B3n-concurso-1357

Ligazón listaxes de Xestión:

https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/Gesti%C3%B3n-concurso-1357