PUBLICACIÓN NO BOE DA CREACIÓN DE PRAZAS XUDICAIS E FISCAIS EN GALIZA
Hoxe publicouse no BOE o Real Decreto 996/2026, de 16 de novembro de creación de cincocentas unidades xudiciais correspondentes á programación de 2027 e de adecuación da planta xudicial.
En Galiza créanse 19 prazas xudiciais:
- Unha praza de maxistrado ou maxistrada na Sección 5.ª da Audiencia Provincial da Coruña, correspondente á orde civil.
- Unha praza de maxistrado ou maxistrada na Sección 2.ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, correspondente á orde penal.
- Praza número 17 da Sección Civil do Tribunal de Instancia da Coruña.
- Praza número 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Ferrol.
- Praza número 6 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Lugo.
- Praza número 5 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Pontevedra.
- Praza número 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela.
- Praza número 12 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo.
- Praza número 4 da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Ponteareas.
- Praza número 4 da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Vilagarcía de Arousa.
- Praza número 3 da Sección Civil e de Instrución do Tribunal de Instancia de Viveiro.
- Praza número 8 da Sección do Social do Tribunal de Instancia da Coruña.
- Praza número 3 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Ferrol.
- Praza número 5 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Lugo.
- Praza número 5 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Ourense.
- Praza número 5 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Pontevedra.
- Praza número 8 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo.
- Unha praza da Presidencia do Tribunal de Instancia da Coruña, liberada de carga de traballo.
- Unha praza da Presidencia do Tribunal de Instancia de Vigo, liberada de carga de traballo.
- Transformación de prazas da Sección de Instrución en prazas da Sección de Violencia sobre a Muller:
- A praza número 8 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia da Coruña, en funcionamento, transfórmase na praza número 2 da Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia da Coruña.
- A praza número 8 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Vigo, en funcionamento, transfórmase na praza número 2 da Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de Vigo.
- Determinación das agrupacións de partidos xudiciais para o coñecemento dos asuntos atribuídos ás Seccións de Violencia sobre a Muller.
A Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia de Pontevedra estende a súa xurisdición aos partidos xudiciais de Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Lalín, Cambados, Caldas de Reis e Marín desde o 1 de xuño de 2027.
DATAS NAS QUE ENTRARÁN EN FUNCIONAMENTO AS NOVAS PRAZAS XUDICIAIS E FISCAIS:
- Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial da Coruña.
- Unha praza de segunda categoría na Fiscalía de Área de Santiago de Compostela.
- Unha praza de segunda categoría na Fiscalía de Área de Ferrol.
- Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial de Lugo.
- Unha praza de segunda categoría na Sección Territorial de Mondoñedo.
- Unha praza de segunda categoría na Sección Territorial de Monforte de Lemos.
- Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial de Ourense.
- Unha praza de segunda categoría na Fiscalía Provincial de Pontevedra.
- Unha praza de segunda categoría na Fiscalía de Área de Vigo.
Fronte a este aumento das prazas xudiciais e fiscais, o outro día, na Mesa Sectorial á que asistimos, comunicóusenos que se crearían tan só 27 prazas dos corpos xerais.
Desde a CIG advertimos que incorporar novos xuíces ou xuízas e fiscais sen reforzar os equipos de traballo suporía cargar aínda máis ao persoal actual, facendo insostible a situación nos xulgados e nas fiscalías e poñendo en risco o adecuado funcionamento do servizo público de xustiza.
Por iso, reclamamos que cada nova praza de xuíz/xuíza ou fiscal, vaia acompañada da correspondente dotación de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza, así como da creación e provisión da praza de letrado ou letrada da Administración de Xustiza cando a incorporación da nova praza xudicial non conte xa con este profesional.
Non se poden crear novas prazas xudiciais e fiscais sen garantir os recursos humanos imprescindibles para o seu funcionamento. A Xustiza en Galiza precisa dunha planificación acorde ás necesidades reais dos órganos xudiciais e das fiscalías, con máis persoal e máis medios.