Publicación no BOE de hoxe Resolución Xubilación Parcial
Resolución do 5 de xuño de 2026, da Secretaría de Estado de Función
Pública, pola que se ditan instrucións de xestión relativas á xubilación
parcial do persoal laboral acollido ao IV Convenio Único da Administración
Xeral do Estado.
A publicación no BOE da nova instrución sobre a xubilación parcial para o persoal laboral do
IV Convenio Único da AGE supón, por fin, un paso necesario para facer efectivo este dereito,
despois de meses de incerteza e retrasos inxustificados. A resolución adapta a regulación ás
modificacións introducidas polo Real Decreto-lei 11/2024 e establece os criterios de xestión
para o acceso á xubilación parcial e á contratación do persoal relevista.
A publicación no BOE da Resolución da Secretaría de Estado de Función Pública que regula
a xestión da xubilación parcial do persoal laboral do IV Convenio Único da AGE permite
desbloquear finalmente un dereito que levaba meses pendente de desenvolvemento efectivo.
Desde a CIG valoramos positivamente que, por fin, se publique unha instrución, pero, non
podemos deixar de denunciar a excesiva tardanza da Administración para dar cumprimento
aos compromisos asumidos.
Durante todo este tempo, as persoas traballadoras afectadas víronse sometidas a unha
situación de incerteza, sen coñecer cando nin en que condicións poderían exercer un dereito
recoñecido normativamente.
A publicación no BOE da nova instrución sobre a xubilación parcial para o persoal laboral do
IV Convenio Único da AGE supón, por fin, un paso necesario para facer efectivo este dereito,
despois de meses de incerteza e retrasos inxustificados.
A CIG seguirá vixiando a correcta aplicación desta instrución, reclamando que os
procedementos se desenvolvan con axilidade, transparencia e coas garantías necesarias para
que ningunha persoa traballadora vexa limitado o exercicio dos seus dereitos por deficiencias
organizativas ou falta de previsión da propia Administración.