PUBLICACIÓN NO DOG DO DESEÑO E ESTRUTURA DA OFICINA XUDICIAL PARA OS TRIBUNAIS DE INSTANCIA

Mércores, 07 Mai 2025

O 7 de maio publicáronse no DOG as resolucións que conteñen as rpts das oficinas de xustiza no municipio e daqueles partidos xudiciais que comprenden a Fase I do despregamento do novo modelo de oficina xudicial, é dicir, aqueles que na actualidade contan con catro ou menos órganos. Ademais publícase a resolución que regula a estrutura e deseño de todas as oficinas xudiciais dos futuros Tribunais de Instancia de Galiza, non só da Fase I.

A Dirección Xeral decidiu, sen negociación sindical, que os modelos de oficinas fosen os seguintes:

Dentro da mesma resolución de estrutura recóllese a posibilidade de crear equipos e grupos de traballo, confundindo uns e outros e establecendo que non estarán reflectidos nas rpts, ignorando a reforma do art 39 bis do RD 1451/2005, froito da negociación do Ministerio, na que se establece que os equipos figurarán na rpt e que se constituirán sempre que o número de efectivos no equipo sexa igual ou superior a 50.

Como xa expuxemos no noso comunicado o contido desta resolución, que non foi negociada, provocou, entre outras causas, a negativa da CIG a asinar un acordo coa Dirección Xeral e estudiaremos a posibilidade de recurrila xudicialmente.

Accede nas seguintes ligazóns as resolucións publicadas no día de hoxe no DOG:

- RESOLUCIÓN pola que se acorda o deseño e a estrutura da oficina xudicial para os tribunais de instancia e os tribunais colexiados, de conformidade coas previsións contidas na Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250507/AnuncioG0759-250425-0001_gl.html

- RESOLUCIÓN pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas de xustiza nos municipios de Galiza:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250507/AnuncioG0759-250425-0002_gl.html

- RESOLUCIÓN pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas de xustiza, fase I:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250507/AnuncioG0759-250425-0003_gl.html 

- RESOLUCIÓN pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas xerais do Rexistro Civil, fase I.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250507/AnuncioG0759-250425-0004_gl.html