PUBLICACIÓN NOVA LISTAXE DEFINITIVA DE M.FORENSES INTERINOS

Luns, 23 Feb 2026

Publicouse na intranet e na páxina da consellería a Resolución do 23 de febreiro de 2026 pola que se aproba a nova listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de M.Forenses ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.

Estas listaxes entrarán en vigor o día seguinte ao desta publicación e substituirán ás listaxes vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.

As listaxes poderanse consultar tamén a través da OPAX.

Para ver a resolución completa preme na seguinte ligazón: