PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS DOS CORPOS XERAIS

Convocatoria Orde PJC/51/2025, do 16 de xaneiro
Martes, 17 Xun 2025

Publicouse no BOE e DOG do 17 de xuño a Resolución de 5 de xuño de 2025 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde PJC/51/2025, do 16 de xaneiro.

Para o persoal funcionario que estea en activo ou en servizos especiais e non reingrese en ningún dos corpos ou escalas a que se refire este concurso, non incluíndose nese punto o persoal funcionario que se encontre reingresado provisional, o cesamento deberá efectuarse nas datas que a continuación se indican: tramitación procesual e administrativa, o 20 de xuño de 2025, venres; xestión procesual e administrativa e auxilio xudicial, o 24 de xuño de 2025, martes.

O persoal funcionario titular que obtivese destino neste concurso e estea a desempeñar en Galicia unha praza en Comisión de Servizos ou en substitución cesará nesta na mesma data do cesamento no seu posto definitivo de orixe.

O persoal funcionario interino que actualmente ocupe as prazas que foron adxudicadas, cesará como consecuencia da posesión do titular.

Aquel persoal funcionario que estea desempeñando un posto de traballo en comisión de servizos non será necesario que se desprace ao órgano xudicial de orixe que teña reserva- do para formalizar o cesamento e pode realizalo no órgano en que estea a prestar servizos, para o cal as xerencias farán chegar os documentos ao órgano en que o concursante estea desempeñando a comisión. O prazo posesorio que lle corresponde gozar a este persoal contarase tendo en conta a localidade do posto que está a desempeñar efectivamente en comisión, non a do que tivese reservado, e a localidade do obtido no concurso.

A toma de posesión do novo destino obtido por concurso para o persoal funcio-nario indicado no punto anterior producirase nos tres días hábiles seguintes ao cesamento, se non hai cambio de localidade do persoal funcionario, ou nos oito días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma, e vinte días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma de Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, en que será no mes seguinte.

Se a resolución comporta reingreso ao servizo activo á Administración de xus-tiza nos corpos ou escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa o auxilio xudicial, procedentes desde as situacións administrativas de excedencia voluntaria polo coidado de familiares, excedencia voluntaria por prestación deservizos no sector público, excedencia voluntaria por interese particular, excedencia voluntaria por agrupación familiar ou suspensión de funcións, incluíndo neste punto o persoal funcionario que se atope adscrito provisional, o prazo posesorio será de vinte días hábiles e deberá de computarse desde o día da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado. Este prazo posesorio non será retribuído.

No caso de que o persoal funcionario reingresado por medio deste concurso estea adscrito provisional no corpo ou escala onde reingresa ou en activo noutro corpo ou escala da Administración de xustiza e non queira que se interrompa a súa relación de servizo coa Administración de xustiza, bastará con que, dentro do prazo posesorio de vinte días hábiles tome posesión no novo corpo ou escala, téndoo por cesado no seu antigo destino coadata inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

Para ver a resolución completa do DOG preme na ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250617/AnuncioG0759-090625-0002_gl.pdf

Para ver a orde completa do BOE preme na ligazón:

https://www.boe.es/boe/dias/2025/06/17/pdfs/BOE-A-2025-12216.pdf

Resume de instrucións a seguir no concurso de traslados: