PUBLICADA A CONVOCATORIA DA BOLSA DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA NA GALIZA

Martes, 28 Abr 2026

No DOG do 28 de abril publicouse a RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galiza.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 15 DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG (Ata o 20 de maio de 2026).

FORMA DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es, accesible desde a páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dunha/dun usuaria/o rexistrada/o na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, da tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro que se considere válido pola Administración de Galiza). Ademais, deberase crear e manter o enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galiza (Notifica.gal: https://www.xunta.gal/notifica). Tamén deberán incluír na solicitude un número de teléfono móbil para os efectos de comunicación.

→ As persoas solicitantes deberán pagar a taxa (18,40 €) que estea vixente no momento de presentar a solicitude, agás os casos excepcionados ou de redución da mesma previstos na propia convocatoria. Na propia OPAX pode consultarse o Manual de pagamento de taxas.

→ O persoal interino que se atope traballando no momento en que se realice a convocatoria de constitución inicial das bolsas terá a obriga de presentar a correspondente solicitude aos corpos a que queira optar, incluído o corpo en que estea prestando servizos, se posúe a titulación e demais requisitos exixidos.

REQUISITOS: O persoal aspirante a formar parte das bolsas deberá reunir na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, de acordo coa resolución da convocatoria ou da resolución de apertura de novas solicitudes de inscrición ás bolsas, os seguintes requisitos:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ter 16 anos de idade, agás que na convocatoria se estableza a idade mínima de 18, e non ter alcanzada a idade de xubilación forzosa.
c) Posuír, ou estar en condicións de obter antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes, a titulación que se exixiu na última convocatoria publicada no BOE para acceder como persoal funcionario de carreira ao corpo de que se trate. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, débese estar en posesión da documentación que acredita a homologación.
d) Non ter sido condenado/a por delito doloso a penas privativas de liberdade maiores de tres anos, a menos que se obtivese a cancelación de antecedentes penais ou a rehabilitación.
e) Non ter sido inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, salvo que fose debidamente rehabilitado.
f) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo dunha Administración pública, agás que fose debidamente rehabilitado/a
g) Non estar incurso/a en causa de incompatibilidade para o exercicio da función pública na Administración de xustiza.
h) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do corpo. A este respecto, considerarase que existe esta capacidade cando se poida acadar mediante a adopción dos axustes razoables adecuados para as persoas con discapacidade.
i) Non ter a condición de persoal funcionario de carreira ou de persoal laboral fixo.
→ Os requisitos requiridos para formar parte da bolsa de interinos serán exixibles, así mesmo, desde o nomeamento, e ata o seu cesamento, como persoal interino.

→ Para a inclusión nas bolsas dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa deberase acreditar experiencia na utilización do procesador de tratamento informatizado de textos. Considérase acreditada esta experiencia:

• persoas que desempeñasen durante polo menos seis meses postos de xestión ou tramitación na Administración de xustiza, así como postos en prazas reservadas para persoal funcionario dos subgrupos A2 e C1 de calquera Administración

• persoas que superaron probas sobre o procesador de tratamento informatizado de textos en procesos selectivos para o ingreso nas administracións públicas

•presentación de certificación ou un diploma acreditativo expedido por un centro de formación recoñecido oficialmente, ou por un organismo ou institución oficial ou organización sindical. Deberase indicar a norma de homologación ou recoñecemento e achegarse canda a instancia.

CONSULTA NAS SEGUINTES LIGAZÓNS O RESTO DE INFORMACIÓN (baremación, listas provisionais, cesamento..etc): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260428/AnuncioG0759-200426-0003_gl.html