PUBLICADA LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS DA BOLSA DE PERSOAL INTERINO DE MÉDICAS/OS FORENSES
Publicouse a Resolución do 23 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a listaxe provisional de novas persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicas/os forenses ao servizo da Administración de xustiza, convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.
Podes consultar a listaxe de persoas admitidas a través da OPAX https://opax.xunta.es , "Bolsa de interinos > Listaxes".
O prazo de alegacións será de 10 días hábiles.