
PUBLICADAS AS ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS DO CONCURSO DE TRASLADOS CORPOS XERAIS

O Ministerio de Xustiza acaba de remitirnos as listaxes definitivas coas adxudicacións do concurso de traslados ordinario dos corpos de xestión, tramitación e auxilio da administración de xustiza 2024, anunciado por Orde PJC/51/2025, de 16 de xaneiro.
Data da Orde: 29-5-2025
Data de publicación no BOE: 17-6-2025, martes.
Data de cese de Tramitación: 20-6-2025, venres.
Data de cese de Xestión e Auxilio: 24-6-2025, martes.
Toma de posesión:
- 3 días hábiles seguintes ao cesamento se non hai cambio de localidade
- 8 días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma
- 20 días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma de Illes Balears, da cidade de Ceuta e da cidade de Melilla, nas cales será no MES SEGUINTE, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe coma se é o de destino.
No caso de reingreso disporase de vinte dias (non retribuídos) dende o mesmo día da publicación no BOE.