PUBLICADAS AS INSTRUCIÓNS DO DESENVOLVEMENTO DOS EXAMES DE TRAMITACIÓN E AUXILIO EN GALIZA
Publicáronse as instrucións do desenvolvemento dos exames,de acceso aos corpos de auxilio e tramitación, que se van a celebrar este sábado día 3 de outubro na Facultade de Dereito na Universidade de Compostela (Avda./ Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela)
Os membros do Tribunal Delegado estarán nunha sala habilitada xunto a conserxería.
As probas desenvolveranse da seguinte forma:
1. Apertura das portas ás 8:45 h. NON ESTÁ PERMITIDO O ACCESO Á FACULDADE DE ACOMPAÑANTES DO PERSOAL OPOSITOR, que deberán permanecer fóra.
2. Hora de chamamento: 9:00 h. Quen o desexe, pode comezar a entrar na aula para o que debe ter preparado o DNI.
QUEN ACCEDA Á AULA NON A PODERÁ ABANDONAR SALVO CAUSA XUSTIFICADA.
Non se farán chamamentos das persoas opositoras nen se colgarán os listados das aulas nos taboleiros polo que é importante que os opositores e as opositoras saiban de antemán en que aula teñen que presentarse.
https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/AuxilioJudicial-PJC15492025
https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/accesolibre/Tramitación-PA-PJC15492025
3. Entre as 9:30 h e as 10:00 h, lectura das instrucións particulares e apertura das caixas de exame por parte do Tribunal Delegado. Solicitarase para proceder á apertura que dúas persoas opositoras voluntarias comproben que as caixas están precintadas.
4. A partir das 10:00 h comezará o primeiro exercicio.
IMPORTANTE! A hora de comezo é aproximada xa que deben estar todas as sedes preparadas. O exame comeza ao mesmo tempo en todo o territorio do Estado. Prégase que o persoal opositor o teña en conta porque non estará permitido saír da aula unha vez sentado, salvo por causa de forza maior.
Non se poderá abandonar a aula durante os primeiros 10 minutos nin durante os 10 últimos minutos de cada exercicio. Ao celebrarse todos os exercicios de forma continuada, se un opositor ou opositora abandona un exercicio non poderá presentarse aos seguintes se sae da aula. Non haberá descanso entre os exercicios ao entenderse as distintas probas como un acto único.
5. Finalización das probas. Un dos vixiantes separará a última folla “copia del opositor”, que se lle entregará a persoa que realizou o exame e o resto das follas de resposta serán recollidas polo persoal de vixilancia. Non se poderá abandonar a aula ata que sexa indicado polo responsable da aula.
MATERIAL NECESARIO:
- DNI e bolígrafo negro ou azul TRANSPARENTE.
Só se permite o acceso co DNI físico sen que estea permitido o emprego do DNI electrónico.
- Botella de auga transparente, sen etiquetas.
QUEDA PROHIBIDO:
- A presenza de acompañantes dentro da faculdade durante o desenvolvemento das probas salvo necesidades especiais puntuais autorizadas polo Tribunal.
- O emprego de AUDÍFONOS salvo xustificación da necesidade.
- O emprego de TAPÓNS para mitigar os ruídos.
- Levar o cuestionario de preguntas antes de finalizar o último exercicio.
- Os teléfonos móbiles e reloxos intelixentes deben estar apagados e gardados, nunca encima da mesa.
Se durante o desenvolvemento da proba sona algún dispositivo, a persoa opositora será, en todo caso, expulsada da proba.
OUTRAS CUESTIÓNS DE INTERESE:
1. PUBLICACIÓN DAS PLANTILLAS. O Ministerio de Xustiza publicará a plantilla provisional de respostas no prazo de 72 horas, e os resultados do exame na páxina web.
2. CERTIFICADO DE ASISTENCIA. Quen necesite certificado de asistencia para o mesmo día das probas debe comunicarllo aos vixilantes dentro da aula, facilitando o DNI para facer o certificado. O resto de certificados de asistencia colgaranse na web do Ministerio 10 días despois da publicación da lista de aprobados.