
PUBLICADO ACORDO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR ÚNICO COA CORRECCIÓN DE ERROS DA LISTAXE DEFINITIVA TRAMITACIÓN PROMOCIÓN INTERNA

Acaba de publicarse na páxina web do Ministerio de Xustiza acordo do Tribunal Cualificador Único coa corrección de erros da listaxe definitiva de persoas aprobados no proceso selectivo de tramitación promoción interna do día 9 de abril de 2025.
O Tribunal Cualificador constatou que hai opositores/as que non teñen acreditados os 2 anos de servizos, a data de finalización de presentación da solicitude na participación das oposicións, no Corpo de Auxilio Xudicial, indicados na listaxe que se adxunta.
O Tribunal concede un prazo de 10 días para que os e as opositoras relacionadas na listaxe adxunta efectúen as alegacións que consideren con relación ao cumprimento do requisito de participación fixado na base 4.6 da Orde PJC/150/2024, adxuntando ao efecto a documentación oportuna; todo isto, previamente a elevar ao órgano convocante a exclusión dos opositores que non reúnan os requisitos de participación.
As alegacións e documentación deberán presentarse no prazo de 10 días na seguinte dirección: procesos.selectivos@mjusticia.es