PUBLICOUSE NO DOG A OFERTA DE PRAZAS EN GALIZA PARA QUENDA LIBRE PJC/64/2024 DOS TRES CORPOS XERAIS

Martes, 17 Nov 2026

Acaba de publicarse no DOG as relación de prazas desertas en Galiza para ofrecer as persoas que superaron os procesos selectivos, polo sistema de acceso libre, ao corpo de xestión, tramitación e auxilio, convocados pola Orde PJC/64/2024 de 25 de xaneiro.

As solicitudes de destino dos aspirantes (anexo II) deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no prazo de cinco días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado (até o 24 de novembro).

As solicitudes cubriranse seguindo o modelo que aparece como anexo II desta resolución. No modelo de instancia deberanse solicitar, como mínimo, tantas prazas como número de opositor teña, é dicir, se, por exemplo, o número de opositor é o 21, débense pedir 21 prazas como mínimo, ou máis, se foron ofertadas e se desexan solicitar, ate chegar ao número máximo de prazas ofertadas, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.

Ningún aspirante poderá anular nin modificar a súa solicitude unha vez rematado o prazo de presentación indicado no punto segundo desta resolución.

Consulta as resolucións completas nas seguintes ligazóns: 

GALIZA TRAMITACIÓN PROCESUAL

GALIZA XESTIÓN PROCESUAL

GALIZA AUXILIO XUDICIAL