RADON, NOVA MOBILIZACIÓN EN DEFENSA DA SAÚDE DAS TRABALLADORAS/ES DA ADMÓN. DE XUSTIZA

Xoves, 29 Out 2026

Outra vez máis a CIG, en defensa da saúde das traballadoras/es da Administración de Xustiza, concentrouse este mércores diante da sede da Audiencia Provincial e da Fiscalía provincial da Coruña (situada no edificio da antiga Fábrica de Tabacos) en resposta á falta de información e a demora inxustificábel na entrega dos resultados de medición do gas radon nos edificios xudiciais.

Deste xeito, o sector de Xustiza da CIG dalle continuidade á protesta realizada o pasado 7 de outubro na Audiencia Provincial de Pontevedra, na que se lle exixiu á Dirección Xeral de Xustiza a entrega inmediata dos resultados “ao tratarse dunha información preventiva que afecta directamente a seguridade e a saúde das persoas traballadoras” e da que teñen dereito a coñecer.

Para máis información preme nas ligazóns:

https://cig.gal/nova/continuan-as-mobilizacions-pola-falta-de-informacion-das-medicions-do-gas-radon-no-edificios-xudiciais.html

https://www.facebook.com/share/r/1JQVwbzGxU/

https://www.instagram.com/reel/DfDKl3txhGz/?cplk=Y3FwZGhyNTIyMTRl