
RD LEI 6/2023 do 19 de decembro

Real Decreto-lei 6/2023 de 19 de decembro polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servizo público de xustiza, función pública e réxime local.
O RD 6/23 aprobado pola vía de urxencia, é froito da reforma imposta pola UE dentro dá política de imposición para recibir os fondos Next Generatión. Este RD pretende adiantar medidas que establece a futura Lei dá Función Pública dá Admón. do Estado.Que entra na regulación de materias que son obxecto de negociación segundo o art. 37 letras c), d), l) e m) do EBEP.
É importante lembrar que a CIG NON ASINOU O ANTEPROXECTO DE LEI DA FUNCIÓN PÚBLICA.
O articulado, é unha copia parcial do que establece o proxecto de Lei de Función Pública, deixando esquecidos puntos como a xornada laboral de 35 horas, teletraballo, xubilación parcial, garantir a cláusula de revisión salarial, desenvolvemento do grupo B, implantacion dos plan de igualdade, recuperación dos plans de pensións privada, equiparación de trienios, etc.
Ver NOTA INFORMATIVA con analise do RD 6/23