REITERACIÓN DA PETICIÓN DE REALIZACIÓN DUNHA PROGRAMACIÓN DE SIMULACROS DE EVACUACIÓN
Este sindicato remite hoxe á Dirección Xeral, para a súa inclusión entre os asuntos pendentes de tratar na reunión do Comité de Seguridade e Saúde do pasado 10 de novembro, a solicitude de programación dos simulacros de emerxencia e evacuación en todas as sedes xudiciais de Galicia para o ano 2027.
Cómpre lembrar que esta solicitude xa fora formulada con anterioridade por este sindicato, mediante escrito presentado o 21 de outubro de 2026, así como incluída entre os asuntos propostos para tratar na reunión do Comité do día 10 de novembro.
Porén, debido ao escaso tempo dispoñible e ao elevado número de asuntos incluídos na orde do día, non foi posible abordar esta cuestión durante a reunión.
Por este motivo, remitimos novamente este asunto para que sexa incluído entre os temas pendentes de tratar e se dea a correspondente resposta por parte da Dirección Xeral.
O obxectivo é que a programación de prevención de riscos laborais para 2027 inclúa tamén un calendario específico, coordinado e efectivo de simulacros de emerxencia e evacuación en todas as sedes xudiciais galegas, establecendo prioridades para aqueles edificios nos que non se teña constancia da súa realización ou nos que transcorrese máis tempo desde o último exercicio.
Así mesmo, solicitamos que este escrito se incorpore como anexo á acta da reunión do Comité de Seguridade e Saúde do 10 de novembro, deixando constancia de que este asunto figuraba entre os puntos remitidos previamente por este sindicato e de que queda pendente da correspondente resposta.
Para ver o escrito e xustificante presentado preme na ligazón: