RELACIÓN DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS - XESTIÓN PROCESUAL - QUENDA LIBRE OEP 2023

Convocatoria Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro
Mércores, 19 Xun 2024

Publicouse no BOE do 19/06/2024 a Orde PJC/612/2024, do 11 de xuño, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, mediante oposición, no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado pola Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro.

Tanto as persoas aspirantes excluídas como as omitidas por non figurar nas listaxes de admitidas nin na de excluídas, poderán emendar os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión nas listas, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no «Boletín Oficial do Estado». A corrección da solicitude ou, no seu caso, a modificación dos datos da mesma, deberá realizarse en liña a través da aplicación de Inscrición en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral (https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatoriasSubsanar#convocatoriasSubRef).

Data de exame 28 de setembro de 2024 as 9:00 h na península e as 8:00 en Canarias.

Ligazón BOE:

https://www.boe.es/boe/dias/2024/06/19/pdfs/BOE-A-2024-12410.pdf

Listaxes de admitid@s e excluíd@s:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Relaci%C3%B3n%20provisional%20de%20admitidos%20y%20excluidos_Gesti%C3%B3n%20PA_PJC.64.2024.pdf

Tamén podedes consultar as listaxes nesta outra ligazón: