
RELACIÓN DEFINITIVA DAS SOLICITUDES ESTIMADAS E DESESTIMADAS DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Tal e como vos comentabamos nunha nova anterior, publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I e do grao II da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a este recoñecemento, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galicia (OPAX).
Para ver a resolución completa preme na ligazón: