REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL DA NOVA BOLSA DE PERSOAL INTERINO

Martes, 11 Ago 2026

Hoxe remata o prazo para presentar as alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 13 de abril de 2026.

As alegacións deberán presentarse de xeito electrónico a través do formulario dispoñible na aplicación informática https://opax.xunta.es

Dentro do prazo de alegacións debe achegarse a documentación acreditativa de ter realizado o pago en prazo ou das causas da exención total ou parcial, no seu caso.