RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO DE TRASLADOS DE LAX

Convocatoria Orde PJC/58/2025, do 16 de xaneiro.
Luns, 31 Mar 2025

O sábado 29 de marzo publicouse no BOE a resolución definitiva do concurso de traslados para o corpo de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza convocado pola Orde PJC/58/2025, do 16 de xaneiro.

O prazo para a toma de posesión será de 3 días hábiles si o destino non implica cambio de residencia, de 8 días hábiles si implica cambio de localidade dentro da mesma Comunidade Autónoma, ou de 20 días hábiles si é consecuencia de reingreso ao servizo activo ou comporta cambio de Comunidade Autónoma, con excepción de Canarias, Illes Balears, Ceuta ou Melilla, que o prazo será de 1 mes. O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao cese, que debera efectuarse dentro dos 3 días hábiles seguintes a publicación da resolución do concurso no BOE, ou, no seu caso, a partir da data que estableza a propia resolución. 

O cómputo do prazo de cese e toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos e licenzas, incluída a de vacacións que foran concedidas as persoas interesadas.

Consulta aquí a resolución completa publicada no BOE e as prazas afectadas en Galiza: