RESOLUCIÓN POLA QUE SE PUBLICA O ACORDO ECONÓMICO E DE NEGOCIACIÓN DO ACOPLAMENTO DA LEI ORGANICA 1/2025

Luns, 15 Dec 2025

Publicouse no DOG do 15 de decembro a RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 1 de decembro de 2025 polo que se aproba o Acordo acadado o 1 de abril entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CCOO para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Este acordo económico foi o que facultou a Direccion Xeral de Xustiza a implementar, sen maior obstáculo, toda a reordenación e reasignación de efectivos levada a cabo na Fase I e Fase III de implantación da Lei Orgánica 1/2025. Curiosamente este acordo aplicouse desde o primeiro momento (non o pagamento das contías económicas pero si o resto) cando realmente entrará en vigor a partir de mañá 16 de decembro. Tamén cabería preguntarse como, se foi asinado en maio de 2025, é agora en decembro de 2025 cando se publica.