RESULTADOS PROVISIONAIS DAS PROBAS PARA OBTER O "CELGA 4 EN LIÑA"

Mércores, 21 Xan 2026

Por Resolución do 16 de xaneiro de 2026 publicáronse os resultados provisionais da proba en liña do Celga 4 realizada o pasado 5 de decembro de 2025.

As persoas interesadas, mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral da Lingua ou á conta de correo electrónico  sxpl.probascelga@xunta.gal, poderán solicitar, no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES, a revisión da proba por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución que corresponda e comunicaralles os criterios que determinaron a cualificación obtida. O prazo finaliza o día 30 de xaneiro de 2026.

Para máis información preme na seguinte ligazón:

https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Probas/convocatoria_0033.html&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal