REUBICACIÓN DO PERSOAL DOS SERVIZOS COMÚNS DA CORUÑA

Luns, 15 Xun 2026

Segundo información trasladada polo Director do Servizo Común de Tramitación, nas vindeiras semanas producirase o traslado de varios equipos:

- o Servizo Común de Execución Civil trasládase ao edificio da Antiga Audiencia Provincial excepto o equipo 1, que se ubicará na oficina do antiguo Xulgado de Primeira Instancia 12. A pesares de solicitar a realización de obras que facilitasen que todos os equipos estiveran no mesmo edificio, ao parecer a Dirección Xeral dixo que non había cartos para tirar uns tabiques. Sen embargo si os hai para reacondicionar a vivienda do Presidente do TSXG….

- Os equipos do SCT e do SCEX Penal ubicaranse nas oficinas onde se atope actualmente o/a lax encargado/a de cada un deles; con carácter xeral, non se cambian as localizacións actuais das/dos lax, a excepción dos equipos de Delitos Leves, que se ubicarán nas dependencias onde se situaba no pasado o xulgado de Violencia sobre a Muller na rúa Monforte, ou o equipo de Xurisdición Voluntaria, que se instalará na oficina do anterior Xulgado de Primeira Instancia nº 13.

- Os equipos estarán todos xuntos, incluido o persoal de apoio directo. 

- As prazas xudiciais manteranse nos seus despachos, empregando as mesmas salas de vistas, excepto a praza 6 da sección Social, que se traslada ás instalacións onde estaba o Xulgado de Instrución nº 8.

Esta organización non é nin moito menos a máis desexable, posto que, a pesar de que mellora bastante a situación actual, non acaba coa dispersión das xurisdicións por distintos andares dos edificios da rúa Monforte e Capitán Juan Varela, e iso debido á reticencia a mudar de despacho por parte da xudicatura. Tampouco contempla a colocación do Servizo Común Xeral na planta Baixa, como sería o máis recomendable polas súas funcións de atención ao público e rexistro de escritos.

O traslado de expedientes realizarase só naqueles casos que se considere necesario e por parte dunha empresa.

Non hai data fixada para o traslado; cando se vaia producir avisaremos.