REUNIÓN, A PESARES DE TODO, DO MACRO CONCURSO
MAÑÁ MÉRCORES HABERÁ UNHA REUNIÓN PARA FALAR DO MACRO
A iniciativa da CIG, mañá mércores 25 haberá unha reunión do Grupo de Traballo de Provisión de Postos para falar do concurso macro e a sentenza que declara ilegal non valorar os méritos noutros corpos.
A CIG vai continuar co traballo que leva anos facendo, loitando contra o castigo que sofren as persoas polo único feito de promocionar internamente.
Despois dunha esta sentenza de febreiro de 2026 nun proceso xudicial impulsado pola CIG, único sindicato que non se conformou con enviar notas informativas de protesta e foi máis adiante, a CIG continuará coas reivindicacións que leva anos defendendo para mellorar a mobilidade:
- Unhas bases de concursos de traslados propias da Seguridade Social, adaptadas á nosa organización
- Unhas bases que non penalicen a promoción interna e que valoren todos os méritos de cada persoa
- Unhas bases que dificulten que persoas colocadas a dedo pola Admón., se ningún tipo de transparencia nin criterio obxectivo, consoliden ese posto en detrimento de quen non ten padriño
- Unha RPT adaptada á nosa organización que permita maior axilidade nos concursos
- Ter concursos anuais, porque tiñamos un concurso cada 4 anos hai 20 anos cando se facía todo manualmente, e agora todo está informatizado a Administración segue a tardar os mesmos 4 anos.
A CIG non vai parar por ter gañada esta sentenza contra o macro 2022, ese conto non vai morrer aquí.
A CIG non vai parar porque o macro 2026 xa estea convocado, outro conto que tampouco vai morrer aí.
A CIG vai seguir alzando a voz contra as penosas condicións de mobilidade que ten o persoal da Seguridade Social, e vaino facer nas reunións, no xulgado e na rúa, non só con notas informativas.
A CIG non vai cansar de reprobar todas estas condicións nas diferentes reunións que existan.
Reunións como a de mañá, que foi adiada porque algúns sindicatos fixeron todo o que puideron para que non tivese lugar.
Cada un saberá cales son as súas prioridades.