Reunión co Director Xeral de Persoal de Defensa

Mércores, 02 Abr 2025

Mantivemos unha reunión co Director Xeral de Persoal específica sobre retribucións do persoal civil despois dunha petición conxunta dos sindicatos a raíz do anuncio do incremento salarial para o persoal militar do Ministerio.

A nosa asistencia à reunión agardaba a exposición de medidas concretas e inmediatas para a mellora salarial da parte do persoal civil. Pero o único que se presentou foi adiar novamente as propostas de mellora que xa vimos demandando nos últimos anos.

O noso malestar ante esta postura de desidia e indiferencia do Ministerio co persoal civil debe comezar a tomar outra orientación e chamamos ao conxunto do persoal a mobilizarse para conseguir melloras retributivas que nos fagan sair da posición do persoal da Administración Xeral do Estado pior pagado.

Ver NOTA COMPLETA