Reunión Comisión Paritaria IV CUAGE

Martes, 07 Nov 2023

Complementos.

Seguimos sen ter a documentación que permite saber como se aplicou o Acordo de Complementos da Comisión Paritaria Extraordinaria, e que temos solicitado desde o mes de xullo; aínda que para esta reunión da Paritaria dannos as Resolucións CECIR, por si soas non serven para poder determinar si estas son as que se corresponden co acordado na Permanente Extraordinaria do 19 de maio; polo que con esta documentación que nos facilitan consideramos que non se dá resposta ao solicitado pola CIG.

 

Dende CIG faremos todo o posible para que se nos facilite a información que permita identificar os postos afectados polo acordo da Paritaria e Negociadora do 19 de maio. Tamén manifestamos que non imos a aceptar que se amorticen postos de traballo para financiar a adecuación ou creación dos novos complementos,; xa que non estamos a favor de que se destrúa emprego público para retribuír ao persoal; a solución pasa porque sexa a Administración quen poña os cartos necesarios para solucionar a problemática xerada pola aplicación do Acordo de Complementos.