Reunión do Grupo de Plantillas de Estradas na sede do Ministerio de Transportes

Luns, 10 Feb 2025

Á reunión asiste a Directora Xeral de Organización e Inspección e o Director Xeral de Estradas, así como a S.X. de RRHH e as organizacións sindicais máis representativas.

O sindicato CIG pon de manifesto a crecente importancia da estrutura periférica de estradas na execución de políticas públicas e de prestación de servizos públicos. Coincidimos no diagnóstico de que a estructura periférica, sen ánimo alarmista, está “tocada de morte” cun forte impacto na calidade dos servizos por varios motivos:

  • Reducción nos últimos vinte anos de máis do 50% das plantillas de persoal laboral destinado nas demarcacións, cunha perda de máis de 1.500 efectivos.
  • A falta de persoal é acuciante, o que conleva numerosas ineficiencias, como a demora nos tempos, ausencia de control independente, descoñecemento e falta de inventario, acumulación de sentenzas en contra dos intereses da administración, etc.
  • Desaxuste nos postos das RPTS ás necesidades actuais, o que provoca un elevado número de vacantes derivadas da difícil cobertura.
  • Os niveles retributivos son baixos e non asociados ás funcións realmente desempeñadas.
  • Uso xeralizado dos encargos a medios propios para paliar os déficits estructurais en plantillas con realización de funciones xurídico-administrativas. Incremento de reclamacións por cesión ilegal de traballadores.
  • Obsolescencia procedimental (Falta de actualización e normalización dos procesos). Problemas xeralizados de xestión (retrasos, incremento da litioxidade, etc.)
  • Falta de integridade das solucións TIC e baixo nivel de dixitalización na tramitación.
  • As deficiencias estructurais de persoal, mitíganse con encargos a medios propios. O funcionamiento estructural das unidades periféricas da DGC está en gran parte baseado no persoal externo para realizar funcións ordinarias (Ineco).

 

Por todo o anteriormente exposto, a Administración nos comunica que pretende implantar un programa de apoio técnico-administrativo como solución temporal coa posibilidade de incorporar interinos para executar programas urxentes cunha duración máxima de tres anos prorrogables unha soa vez. A proposta sería dispoñer un total de 115 interinos por programas para executar no periodo 2025/2028 a implantación do SATA ( sistema de apoio técnico-administrativo ) que dea servizo ás Demarcacións para o establecemento dun novo modelo de organización periférica da Dirección Xeral de Estradas. Tamén se nos transmite que dito programa será detallado e desenrolado nas sucesivas reunións do grupo de plantillas, que teremos próximamente e das que seguiremos informando.

 

O noso sindicato estará vixiante ante unha situación insostible de persoal e carga de traballo nun departamento cuns niveis retributivos moi baixos en comparación co resto da función pública – xa non digamos coa administración autonómica – e seguiremos informando dos novos pasos que poidan darse neste eido, así como o cumprimento dos prazos de implantación do programa e a súa aplicación con obxectividade e rigor.

Seguiremos informando das novas reunións que se convoquen no eido do grupo de plantillas para detallar e desenrolar o que esperamos non sexa un novo parche que evite abordar de manera definitiva un problema estructural e endémico do noso departamento.