Reunión Subcomisión Paritaria. Mº Hacienda

Xoves, 25 Xun 2026

Convócasenos a unha reunión extraordinaria da Subcomisión Paritaria do Ministerio de Hacienda para darnos información sobre a prestación de servizo da Gardería da Coruña.

Situación da prestación do servizo

Infórmasenos que ante a dificultade que presentan os procesos selectivos das ofertas do convenio e dado que é moi difícil cubrir as prazas como consecuencia das renuncias e das excedencias que se solicitaron nestes últimos anos, a partir do próximo curso escolar 26/27 –dende o 1 de setembro–pasarase a prestar o servizo a través dunha empresa privada. Esta empresa terá un contrato dun ano prorrogable a outro máis. Está previsto unha cobertura para 31 alumnos/as en principio cun sistema gratuíto, pero tamén nos informan que en caso de non ser posible poderíase aplicar un copagamento.

Situación das traballadoras da Gardería

Nestes momentos existen dúas prazas para dúas empregadas con contrato fixo; infórmasenos que están buscando unha solución para recolocar a estas dúas traballadoras sempre tendo en conta as súas preferencias: manter o posto no Ministerio, localidade e manter as retribucións.

Mañá día 24 de xuño está prevista unha reunión de Función Pública con este Ministerio co fin de buscar a mellor solución para estas traballadoras.

En canto as dúas empregadas con contratos temporais: para o posto M1 o contrato –por substitución de IT– remata o 10 de agosto, e non está prevista nova contratación; para o posto M2 esta semana está prevista a contratación da substitución, que estará vixente ata a finalización da IT da Directora do centro (M2).

Na próxima Subcomisión prevista para o 15 de xullo a petición da CIG é incluír un punto na orde do día, porque hai un compromiso verbal de presentar documentalmente a solución que lle van dar a estas traballadoras fixas