REXISTRO CIVIL DE OURENSE - SOLICITUDE DE DOTACIÓN DE PERSOAL INTERINO DO CORPO DE AUXILIO
No día de hoxe remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza coa seguinte petición en relación coa dotación de persoal do Rexistro Civil de Ourense:
"Por medio do presente quixeramos denunciar a situación que está a vivir o Rexistro Civil de Ourense, polo colapso de traballo ao que está sometido, dende o pasado mes de xullo.
Este Rexistsro Civil, a día de hoxe, debido á baixa dunha das funcionarias do corpo de Tramitación dende primeiros de xullo, carece dunha praza do corpo de Auxilio.
Segundo a RPT publicada o pasado 11 de setembro de 2025 e, co numero XG92581000320548001.00, esta fixada para o Oficina Xeral do Rexistro Civil unha praza do corpo de Auxilio.
Como consecuencia desta baixa falouse coa Delegación en Ourense para por en coñecemento esta situación, dado que neste Rexistro Civil vese incrementado moito o traballo no verán, polas multiples persoas retornadas tanto a nivel nacional, como do extranxeiro, que queren solucionar e realizar as súas xestións nesas datas.
Atopamonos entón cun cadro de persoal, de vacacións e coa diminución por parte da baixa da compañeira que a administración non dota, a pesares do establecido na Orde de 18 de maio de 2022, onde se contempla no artigo 4.2 que “…en todo caso procederá a súa cobertura mediante o nomeamento de persoal funcionario interino...”
Segundo comentou a Delegación, ante as nosas solicitudes para que fixeran o posible para o nomeamento urxente de persoal interino, eles xa tiñan enviado á Dirección Xerál varios informes poñendo en coñecemento esta situación, pero a día de hoxe atopámonos coa mesma situación, chegando a botar mán, dende a pasada semana, da compañeira do corpo de Auxilio Xudicial pertencente ao Xulgado de Instancia 2, para que atendera ao memso tempo o seu xulgado e o rexistro civil, co conseguinte retraso nas suas tarefas no xulgado.
Por todo isto, SOLICÍTASE desa Dirección Xeral e, de maneira URXENTE o nomeamento dunha persoa interina do corpo de Auxilio Xudicial para cubrir a substitución acordada."
Para ver o xustificante de presentación preme na ligazón: