SEDES DE EXAME TRAMITACION QUENDA LIBRE

Convocatoria Orde PJC/1437/2024, de 3 de decembro
Sábado, 13 Set 2025

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza a seguinte información sobre as sedes de exame do procesp de Tramitación, quenda libre:

Data de exame: 27-9-2025
Hora de chamamento: 9:00 horas (8:00 horas en Canarias)

1) Non poderán entrar no lugar de exame os familiares nin acompañantes, os cales permanecerán fóra da Facultade ou edificio.

2) Non se expoñerán listas físicas no lugar de exame, xa que ditas listas publícanse na web do Ministerio, polo que os opositores deberán comprobar e anotar a aula que lles corresponde.

3) Non se realizará chamamento en voz alta, polo que os opositores irán entrando na aula, achegaranse á mesa onde estará un vixiante que comprobará o DNI e marcará na lista.

4) Está terminantemente prohibido usar teléfonos móbiles, reloxos intelixentes ou calquera outro dispositivo electrónico, polo que se recomenda non levalos o día do exame.

5) Non se poden usar tapóns para os oidos nin audiófonos (salvo acreditación da súa necesidade).

6) Deben levar bolígrafo negro​ ou azul e o DNI ou pasaporte en vigor.​​​

Para ver as sedes de exame preme na seguinte ligazón:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/sedes_examen_tramitacion_libre_1437.pdf