SEGUNDA CONVOCATORIA 2024 CURSOS CELGA 2, 3 E 4

Xoves, 26 Set 2024

No DOG do 13 de setembro publicouse a RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en novembro de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como no Portal da Lingua Galega.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 16 de setembro ao 4 de outubro).

Para máis información preme na ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240913/AnuncioG0766-040924-0001_gl.pdf