ÁBRESE O SEGUNDO PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES - CURSOS PREPARATORIOS CELGA E LINGUAXE ADMINISTRATIVA NIVEL MEDIO E SUPERIOR

Martes, 11 Nov 2025

No día de onte abriuse o segundo prazo para a presentación dos cursos de linguaxe administrativa galego (LAG) e os cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), tal e como se establecia na  Resolución do 13 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galego e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga.

O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:

– Dende o 10 ata o 21 de novembro de 2025, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Para proceder a inscripción preme na seguinte ligazón:

https://www.eoidigital.com/preinslinguagalega/alumnos/index.php

Para ver a Resolución do 13 de xuño 2025 preme na seguinte ligazón: