Sen acordo para o calendario regresivo que pretende impor a Dirección da AEAT
Ven de celebrarse mesa xeral para negociar o calendario laboral e o marco do traballo a distancia que a Dirección da AEAT pretende impoñer aproveitando a instauración da xornada de 35 h na Administración Xeral do Estado (AXE)
Desde a CIG insistimos no rexeitamento á proposta presentada pola Dirección da AEAT dado que se suprimen moitos dos dereitos que levan décadas instaurados (incentivo de presenza efectiva, malosos, etc). A única mellora proposta pola Dirección da AEAT con respecto á pasada semana era poder facer a parte do horario que supera a de presenza obrigatoria a distancia desde a casa (1h de teletraballo 3 días á semana logo de ter ido pola oficina ou antes de ir ás 8:30H!)
Desde a CIG insistimos no rexeitamento á proposta presentada pola Dirección da AEAT dado que se suprimen moitos dos dereitos que levan décadas instaurados (incentivo de presenza efectiva, malosos, etc). A única mellora proposta pola Dirección da AEAT con respecto á pasada semana era poder facer a parte do horario que supera a de presenza obrigatoria a distancia desde a casa (1h de teletraballo 3 días á semana logo de ter ido pola oficina ou antes de ir ás 8:30H!)
Advertimos que implantar ese horario obrigatorio que defende a Dirección da AEAT supón demandar máis tempo de traballo, máis traballo efectivo a cambio das mesmas retribucións. Unhas retribucións sen actualizar nos complementos desde 2003 (Acordo de Carreira) que non son suficientes para a carestía da vida. Pero sobre as que a Dirección da AEAT se resiste a avanzar
Advertimos que o feito de que haxa persoal da AEAT que non está obrigado a presentar Renda debería facer pensar á Dirección sobre a verdadeira situación do persoal da Axencia. Que o feito de que os funcionarios teñan que compartir piso no primeiro destino e posteriormente só responde a que os salarios non dan para vivir. E que esta situación de pobreza do persoal da AEAT non se resolve con eses extras (produtividades, PIA, campaña de renda, modelo de información e asistencia...) que a Dirección da AEAT se nega a meter nos salarios- pola vía de incrementar os complementos- porque prefire seguir distribuíndoos graciabelmente. E que resulta indefendíbel exixir aínda máis horario e máis traballo sen retribuír dignamente os servizos do persoal!
Na CIG consideramos que o persoal da AEAT non é nin máis nin menos cá ningún outro persoal da Administración Xeral do Estado. Así que non imos pasar por ser menos en ningún aspecto: se o horario é de 9 a 14, pois ese horario; se hai Ministerios que admiten até 3 días de teletraballo, pois o mesmo. E se a Dirección da AEAT pretende outra cousa, cando menos que comece xa a corrixir o feito de termos, a día de hoxe, para a maioría do persoal complementos específicos inferiores aos da AXE
Porque o traballo hai que retribuílo, con cartos e coas condicións laborais (horario, calendario, etc). Mais o principal é retribuír dignamente o traballo desenvolvido. Tres horas máis de teletraballo non pagan a hipoteca nin enchen o carro da compra!
E a todo isto, a Dirección da AEAT evitou, novamente, responder que vai acontecer co persoal que estea a facer o horario obrigatorio que marcou a Resolución publicada no BOE- única norma publicada ao respecto dado que a Directora de RRHH di agora que a nota anónima publicada polo Departamento é como a folla informativa de calquera sindicato.....
O rexeitamento da parte social foi unánime. A Dirección da AEAT dixo que ía ver que facer agora. A CIG exixiu que se non teñen capacidade ou autoridade para negociar e poder chegar a acordos, que sente a negociar quen mande realmente na AEAT.