SEN NEGOCIACIÓN NON HAI SOLUCIÓN - CONCENTRACIÓN AREA PÚBLICA DA CIG O 18 DE MARZO

Venres, 20 Mar 2026

Saímos á rúa para denunciar a vulneración do dereito á negociación sindical no acordo de actualización salarial asinado pola administración estatal. Este acordo non só despreza a representación sindical dos traballadores, é ademais lesivo para os seus dereitos.

A @galiza.cig seguirá a reclamar un novo acordo, negociado con tódalas forzas sindicais representadas na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, e que recupere os dereitos roubados ao persoal empregado público nas últimas décadas e mellore as súas condicións, rematando coa perda de poder adquisitivo dos seus salarios.

#ALoitaContinúa

Para máis información preme na ligazón:

https://www.cig.gal/nova/a-cig-reclamalle-ao-goberno-espanol-unha-nova-negociacion-para-mellorar-o-acordo-salarial-para-o-persoal-empregado-publico.html