SESIÓNS DE CAPACITACIÓN SOBRE O USO DAS SALAS DE DECLARACIÓNS - A CORUÑA

Venres, 10 Abr 2026

Xa está dispoñible a inscrición para as sesións de capacitación tecnolóxica sobre o uso das salas de declaracións, que se celebrarán na Coruña o día 14 de abril de 2026.

Nestas sesións abordaranse os aspectos clave para a utilización das salas dixitais mediante a aplicación eFidelius, facilitando o seu uso no desenvolvemento dos actos xudiciais.

Pasos para realizar a inscrición nas sesións

  • 1) Accedes á actividade na plataforma de formación. Se non iniciaches sesión, deberás introducir o teu usuario da Xunta ou correo corporativo e o contrasinal.
  • 2) Matricúlate na actividade premendo o botón "Matricularme".
  • 3) Xa podes acceder aos contidos didácticos de autoformación!
  • 4) Unha vez que accedas, reservas a túa praza na sesión de formación que desexes premendo "Reservar agora".
  • 5) Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e a hora correspondentes.

Para máis información preme na ligazón da INTRANET:

https://intranet.xustiza.gal/-/aula-telepresencial-salas-dixitais-uso-de-efidelius-en-a-coruna?inheritRedirect=true&redirect=%2Finicio