SESIÓNS DE FORMACIÓN DA ACTIVIDADE "MINERVA ENVÍO DE NOTIFICACIÓNS A AAPP" - OURENSE-VIGO E A CORUÑA

Martes, 03 Dec 2024

A funcionalidade de Envío directo de notificacións e comunicacións a AAPP a través de WASMIN vaise estender aos xulgados de 1ª instancia de Ourense, Vigo e A Coruña.

Para acompañarte nesta activación, impartiranse dúas sesións de capacitación telepresencial, o día 09/12. Consulta no apartado de reservas da actividade as sesións dispoñibles. 

Para inscribirte e conectarte á sesión correspondente é necesario que te matricules na actividade da Plataforma de Capacitación de Xustiza Dixital e logo reserves a túa praza a través da seguinte ligazón da intranet

Ligazón inscrición:

https://formacion-xustiza.xunta.gal/course/view.php?id=85