
SESIÓNS DE FORMACIÓN DA ACTIVIDADE "MINERVA ENVÍO DE NOTIFICACIÓNS ELECTRÓNICAS"

Abriuse o prazo para asistir as sesións de formación da actividade "Minerva envío de notificacións electrónicas". Apúntate á nova formación pensada para mellorar o manexo desta funcionalidade e afondar nas claves para empregala con axilidade e seguridade. Só tes que acceder á Plataforma de Capacitación de Xustiza Dixital, matricularte na actividade “MINERVA | Envío de notificacións electrónicas” e reservar a túa praza na convocatoria que mellor se axuste ás túas necesidades. Hai 2 opcións asignadas ao teu órgano e é recomendable que te inscribas nalgunha delas. Se non é posible, podes facer a reserva noutra data que estea dispoñible. Os contidos a impartir son os mesmos en todas as sesións.
Para máis información preme na seguinte ligazón da INTRANET: