SESIÓNS PRESENCIAIS DE CAPACITACIÓN NAS SESIÓNS DE DECLARACIÓNS E VIDEOCONFERENCIAS

Martes, 10 Xun 2025

O venres 13 de xuño celebraranse dúas sesións presenciais de capacitación no edificio da Cidade da Xustiza de Vigo, centradas no uso das salas de declaracións e nas conexións por videoconferencia con outros órganos ou entidades.

Nestas sesións poderás repasar cales son os pasos a seguir para celebrar un acto nas salas dixitais e como podes conectarte por videoconferencia con outros órganos ou entidades.

Reserva a túa praza na quenda que mellor se adapte ás túas necesidades.

DATA MUNICIPIO SEDE PERFÍS DESTINATARIOS MODALIDADE HORARIOS
13/06/2025 Vigo Cidade da Xustiza de Vigo Todos os perfís profesionais Presenciais 9:30 h a 11:30 h
13/06/2025 Vigo Cidade da Xustiza de Vigo Todos os perfís profesionais Presenciais 12:00 h a 14:00 h