
SINALAMENTO DE DATAS E HORAS DE EXAME PROBAS SELECTIVAS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO
Convocatoria Orde PJC/1437/2024, de 3 de decembro (Quenda Libre)

Publicouse no BOE do 16 de setembro a Orde PJC/1019/2025, do 9 de setembro, pola que se anuncia data e hora de realización dos exercicios dos procesos selectivos para o acceso por quenda libre, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocados por Orde PJC/1437/2024, do 3 de decembro.
Convócase ás persoas aspirantes admitidas á realización dos exercicios de acceso aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, mediante chamamento único, o próximo día 27 de setembro de 2025 ás 9:00 horas (8:00 en Canarias).