SINALAMENTO PARA A CELEBRACIÓN DA PROBA DO CELGA 4 EN LIÑA
Para a celebración da proba do Celga 4 en liña fÍxase o día 5 de decembro de 2025.
A proba comezará ás 09.00 horas. Para realizar a parte escrita, disporase dun máximo de tres horas e, para a parte oral, de trinta minutos.
Conforme o punto 11.1 da convocatoria, con antelación suficiente á data da proba, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles ás persoas seleccionadas as instrucións que deberán seguir para a súa realización.
As persoas seleccionadas disporán dun prazo de cinco días hábiles para aboar a taxa de dereitos de exame e presentar o xustificante correspondente
Resolución do 5 de novembro de 2025 pola que se publican as listaxes de persoas seleccionadas e de persoas en agarda do Celga 4 en liña
Para máis información preme na ligazón: