
SITUACIÓN DO ARQUIVO XUDICIAL DE VIGO

No día de hoxe remitimos un escrito de denuncia á Dirección Xeral de Xustiza en relación coa problemática existente en Vigo con respecto ao arquivo de expedientes xudiciais, situados aínda no edificio da rúa Lalín, pertencentes ao arquivo de xestión dás seccións dá audiencia tanto penal como civil, xulgados de Instrución, e gran parte dos xulgados do social; en total unhas 64.000 caixas aproximadamente nos depósitos A e B (semisótano do edificio xudicial antigo e o garaxe).
Consecuentemente co anterior, ao tratarse dun arquivo de xestión, tanto o garaxe como as outras dependencias onde se fixeron obras, non son as axeitadas para o arquivo. Así mesmo a documentación situada no garaxe esta en palets, coa problemática que isto supón para os traballador@s encargados de buscar os procedementos solicitados polos xulgados, tendo que sacar varios deles para poder acceder onde se atopa a documentación requirida, ademaís de estar nunhas condiciones lamentables de traballo A isto súmase a falta de mantemento tanto do garaxe como do outro deposito e máis agora que se vai trasladar xa o Rexistro Civil Exclusivo. Tamén cabe sinalar a existencia de roedores, humidade e fallos eléctricos, ademais dunhas condicións de iluminación non adecuadas.
Por todo o exposto, por parte da CIG solicitamos tanto a inmediata visita dos técnicos de prevención e riscos laboráis a fin de valorar as condicións de traballo do persoal adscrito as dependencias de arquivo, así como que se trasladen urxentemente os arquivos a unhas dependencias axeitadadas próximas aos xulgados ao que pertence a documentación, ao tratarse dun arquivo de xestión e ser responsables da súa custodia os letrados/as da administración de xustiza.