SOLICITASE A COBERTURA REAL DE PRAZAS NO TI PONTEAREAS PERO NON COMO REFORZOS

Venres, 23 Out 2026

Nesta data vimos de remitirlle a administración un escrito solicitando a cobertura por persoal interino de duas prazas, unha de Tramitación e outra de Auxilio, no Tribunal de Instancia de Ponteareas. 

Fai uns días solicitabamos a cobertura da praza de Auxilio e, curiosamente, saiu como reforzo na convocatoria do pasado mércores 21 de outubro. Últimamente a adminisración está a dotar prazas que deberían de ter cobertura por persoal interino ordinario e o está a facer a través de reforzos.

Así mesmo, desde setembro, tamén estaba desocupada unha praza de Tramitación no equipo de execución debido a unha solicitude de comisión de servizos do titular, que tampouco se estaba cubrindo con persoal interino.

Finalmente solictamos a cobertura ordinaria das dúas prazas de Tramitación e Auxilio por medio de persoal interino, toda vez que ambas prazas están dotadas orzamentariamente e non cubrir as mesmas está a provocar unha sobrecarga de traballo do persoal destinado no TI de Ponteareas, que seguramente repercutirá na saúde laboral de ditas traballadoras/es, ademaís dun atraso considerable na tramitación dos expedientes xudiciais.

Para consultar o escrito e xustificante preme na ligazón.