SOLICITUDE AO MINISTERIO DO NOMEAMENTO ANTES DO 31/12/2025 DAS APROBADAS/OS DO CONCURSO DE MÉRITOS

Mércores, 05 Nov 2025

Onte, 4 de novembro, diriximos escrito ao Ministerio de xustiza en relación co retraso que están a ter, concretamente, os procesos selectivos por concurso de méritos, convocados pola Orde JUS/1288/2022, toda vez que o 31/12/2025 cumpriríase o prazo máximo de 3 anos que establece o TREBEP para executar totalmente dito proceso selectivo.

Por todo iso solicitámoslle ao Ministerio:

1. Que impulse de maneira inmediata a publicación das ofertas de prazas e a formalización dos nomeamentos derivados da Orde JUS/1288/2022, en coordinación coas Comunidades Autónomas competentes.

2. Que se publiquen, sen máis dilación, as ofertas de prazas do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, estendendo a actuación inmediata aos Corpos de Xestión e Auxilio Xudicial.

3. Que, en consecuencia, se culmine a totalidade do proceso selectivo ou, subsidiariamente, se efectúen os nomeamentos, como funcionarios de carreira, dos opositores/as aprobados, antes do 31 de decembro de 2025.

Para ver o xustificante de remisión do escrito preme na ligazón: