SOLICITUDE DE CREACIÓN DE PRAZAS DE M.FORENSES EN FERROL E PONTEVEDRA

Venres, 23 Out 2026

Recibido este 22 de outubro correo electrónico por parte da dirección xeral sobre as prazas que van ser convocadas a concurso de traslados ordinario no corpo de Médicos Forenses e, aproveitando a petición realizada por esta central sindical sobre a creación da praza de Subdirección de Santiago de Compostela, tal e como se establece no Decreto 82/2026, é polo que solicitamos tamén a convocatoria a concurso de traslados específico desa praza e as de Xefatura de Sección de Clínica de Pontevedra e a de Xefatura do Servizo de Clínica de Santiago de Compostela, actualmente cubertas en comisión de servizos.

Así mesmo, solicítase tamén a creación de dúas prazas de médicas/os forenses, unha na Subdirección do IMELGA de Ferrol e outra na Subdirección do IMELGA de Pontevedra, onde xa hai un reforzo nomeado en base a asunción das competencias correspondentes sobre os partidos xudiciais do TI da Estrada e do TI de Lalín.

Para ver o escrito presentado e o xustificante preme na ligazón: