SOLICITUDE DE CUMPRIMENTO DOS INFORMES PERIÓDICOS DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS

Martes, 24 Feb 2026

O pasado 23 de febreiro remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza a fin de que, no ámbito das competencias en materia de prevención de Riscos Laborais e, nos vindeiros Comités de Seguridade e Saúde, se inclúa na orde do día a seguinte cuestión:

Que nos informes periódicos de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, que se trasladan aos delegados/as de prevención e representantes sindicais, se faga constar expresamente se foi adoptada a correspondente medida correctora tras cada comunicación, así como o estado de implantación da mesma.

En particular considérase especialmente relevante que esta información figure de maneira clara nos supostos de caida o mesmo nivel, caida a distinto nivel, accidentes derivados de condicións materiais ou organizativas susceptitbles de correción, enfermidades profesionais identificadas no posto de traballo, etc.

A inclusión desta información resulta necesaria para:

-Garantir o seguimento efectivo das actuacións preventivas.

-Avaliar a eficacia das medidas adoptadas.

-Cumprir co principio de acción preventiva e mellora continua.

-Evitar a repetición de incidentes ou enfermidades similares.

-Dotar de maior transparencia ao funcionamento do Cómite.

Todo isto, en base a Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais, art. 14, art. 16 e art. 19, e normativa sobre enfermidades profesionais (Real Decreto 1299/2006, regulador do Catálogo de Enfermidades Profesionais). Polo tanto SOLICÍTASE que nos informes de accidentes e enfermidades profesionais se incorpore de maneira sistemática a información relativa ás medidas correctoras adoptadas, o seu grao de execución e, no seu caso o prazo previsto para a súa subsanación.

Para ver o xustificante de presentación preme na ligazón: