SOLICITUDE DE SALA DE AUTOPSIAS DE SEGURIDADE NIVEL 3 PARA O IMELGA DE PONTEVEDRA
Tras a visita realizada polas técnicas de prevención de riscos laborais á sala de autopsias da Subdirección do IMELGA de Pontevedra, situada no antigo Hospital Provincial, detectáronse numerosas eivas nas instalacións que afectan ás condicións de seguridade e bioseguridade necesarias para o desenvolvemento da actividade médico-forense.
Por este motivo, no día de hoxe dirixiuse un escrito ao SERGAS solicitando que, en coordinación coa Dirección Xeral de Xustiza, se dote o Hospital Novo Montecelo dunha nova sala de autopsias adaptada aos requisitos de bioseguridade de nivel 3 (BSL-3) establecidos pola OMS. Como alternativa, solicitouse a rehabilitación integral da sala actual do antigo Hospital Provincial para adecuar as instalacións a estes mesmos estándares de seguridade biolóxica.
Esta actuación require a coordinación entre o SERGAS e a Dirección Xeral de Xustiza, ao tratarse dunha cuestión que afecta tanto ás instalacións hospitalarias como ás necesidades do servizo médico-forense.
Posteriormente, procedeuse a dar traslado do escrito á Dirección Xeral de Xustiza para o seu coñecemento e para os efectos oportunos.
Para ver xustificante e o escrito presentado preme na ligazón: