SOLICITUDE DAS VALORACIÓNS DE MÉRITOS DAS PRAZAS DE LIBRE DESIGNACIÓN DE LETRADOS/AS

Mércores, 05 Nov 2025

O dia 4 de novembro a CIG remitiu un escrito ao Ministerio de Xustiza a fin de que a través da Subdirección Xeral para a Innovación e Calidade da Oficina Xudicial e Fiscal, adopte as medidas necesarias para que poidan consultarse polos sindicatos con representación na Administración de Xustiza, e polos participantes no concurso de libre designación, convocado pola Orde PJC/865/205, do 8 de agosto, as valoracións de méritos de todas/volas/os partícipes así como das propostas motivadas das respectivas Secretarías/os de Goberno sobre as candidatas/os finalmente seleccionadas/os.

A CIG entende que a discrecionalidade nos procedementos de libre designación non pode exercerse de modo arbitrario e que na motivación correspondente deben de figurar de xeito explícito as razóns de idoneidade que xustifican a elección do candidato/a finalmente proposto/a, garantindo a transparencia e os principios de mérito e capacidade.

Para ver o xustificante de presentación do escrito preme na ligazón: