Solicitude Panel Corpo de Técnicos Auxiliares de Informática (TAI)

Mércores, 04 Feb 2026

CIG vén de demandar á Dirección de Recursos Humanos da Axencia Tributaria esixindo a convocatoria inmediata dun panel de provisión de postos de traballo para o persoal TAI (subgrupo C1 de informática), con prazas suficientes en Galiza para cubrir o grave déficit actual.


A situación nas dependencias galegas é xa insostible:
  • Hai administracións practicamente abandonadas, que nin sequera poden ser atendidas con regularidade.
  • O persoal informático nas delegacións está en mínimos absolutamente insuficientes. Estase a mover persoal “de visita” entre delegacións, xerando problemas en todas partes.
  • Existen anexos como aeroportos, portos e aduanas sen persoal informático propio.
  • En lugar de crear prazas específicas de informática, a AEAT move persoal doutras áreas sen especialidadeimpide ao persoal TAI participar nos paneis xerais de C1.
Para a CIG, esta política parece buscar, de feito, a desaparición progresiva das dependencias de informática en Galiza, algo totalmente inaceptábel. O persoal informático é imprescindíbelpara o funcionamento da Axencia Tributaria.

No escrito lembramos que:
  • A AEAT está obrigada a planificar correctamente os recursos humanos
  • Os paneis de provisión son o instrumento ordinario na AEATpara cubrir vacantes estruturais
  • Non se pode seguir parcheando a situación con desprazamentos e improvisación
A CIG esixe:
  • Un panel específico de TAI de forma inmediata
  • Prazas suficientes en Galiza
  • Información clara sobre o futuro das dependencias de informática
 
Seguiremos defendendo emprego público de calidadeservizos públicos eficaces e o dereito do persoal a unha organización racional e xusta dos recursos humanos. A loita é o único camiño!