SUBSTITUCIÓNS ADXUDICACIÓN DE PRAZAS OFERTADAS

Convocatoria Resolución do 20 de febreiro de 2026
Xoves, 27 Feb 2025

O 20/02/2026 ofertáronse para a súa provisión temporal, mediante o sistema de substitución, diferentes prazas dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza.

Por Resolución do 27 de febreiro de 2026 a Dirección Xeral de Xustiza ven de publicar a adxudicación definitiva das prazas ofertadas.

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) nesa mesma data.

A renuncia á substitución adxudicada pola presente resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.

O posto de traballo deberá ser ocupado de xeito efectivo, salvo causa xustificada, pola persoa adxudicataria da substitución, mesmo con interrupción, de ser o caso, do desfrute de vacacións, licenzas ou permisos, que en todo caso terán que ser informados polo órgano de destino e autorizados pola correspondente xefatura territorial de acordo coas necesidades do servizo.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados a súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.

Para ver a resolución completa preme na ligazón: